
LUCILA GULÍAS
Lucía Veiga e Teté Delgado brillan nos Mestre Mateo
PREMIOS MESTRE MATEO
Lucía Veiga aposta por un Gulías en tonos azuis
Lucía Veiga, que se alzou co premio a Mellor Actriz de Reparto pola súa interpretación en As Neves, apostou por un elegante vestido tipo quimono confeccionado en seda coa técnica xaponesa Shibori en tons azuis. O deseño, cun chamativo forro interior vermello á vista, resaltou a sofisticación e personalidade da actriz nunha noite inesquecible. As Neves, dirixida por Sonia Méndez, tamén foi recoñecida co premio a Mellor Longametraxe.

Teté Delgado impacta cun kimono Gulías
Pola súa banda, Teté Delgado, presentadora da gala, impactou cun vestido negro puro, da man de Uxía Vaello, artífice do vestiario dos Mestre Mateo, en seda con motivos florais en tons vermellos e unha delicada cola. A elegancia do deseño non pasou desapercibida e converteuse nun dos atuendos máis comentados da noite. Ademais, protagonizou un dos momentos máis icónicos da gala ao retirarse o vestido para dar inicio a un animado baile con Xoán Fórneas.

MáIs imaxes











